O coñecido como 'virus FIFA' afectou esta última semana o Pontevedra Club de Fútbol, que perdeu aos seus xogador Marcos Barbeiro para medirse na segunda xornada de liga o Valladolid Promesas.
A pesar de asegurarse desde o club granate na previa do seu partido que todo o plantel estaba "ao 100%", non se contaba co atacante ao ser citado pola selección nacional de Santo Tomé e Principe para disputar un encontro de clasificación para a Copa de África en Nixeria.
Así se recoñeceu tras o empate en Valladolid, e é que Santo Tomé e Príncipe medíase este domingo a Nixeria na sexta xornada do grupo A de clasificación.
INTERNACIONAIS | Marcos Barbeiro xoga no día de hoxe un partido da Copa de África de Nacións coa slección de Santo Tomé e Príncipe ante a selección de Nixeria
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) September 10, 2023
18:00
Godswill Akpabio International Stadium
Moita sorte Marcos pic.twitter.com/uxd53o7BEO
Barbeiro, coñecido no o seu equipo nacional como 'Chidinho', foi titular neste encontro internacional completando os 90 minutos de xogo, aínda que nada puido facer para superar a unha potente selección como a nixeriana, que baixo a batuta e os goles de Victor Osimhen (xogador do Nápoles), con tres dianas, endosou un contundente 6-0.
Con este resultado Nixeria encabeza o grupo de clasificación para a Copa de África con 15 puntos, mentres que Santo Tomé e Príncipe é cuarta cun só punto (empate fronte a Serra Leona) despois de 6 xornadas.