Club Baloncesto Arxil e Barakaldo disputaron este sábado un emocionante e disputado duelo no penúltimo partido da tempada dos verdes como locais, que deixaron unha boa imaxe ante a súa afección a pesar da derrota.
O conxunto local loitou até o final contra un equipo que se xogaba a permanencia, pero non puido levar o triunfo nun enfrontamento que se decidiu nos últimos minutos.
O arranque estivo marcado polo dominio do Barakaldo, que colleu unha renda de seis puntos que rapidamente neutralizou o Arxil da man de Nerea Liste e Raquel Laneiro, recortando distancias antes do final do cuarto (17-21).
O segundo período foi igual de disputado, con ambos os equipos intercambiando canastras e mantendo unha estreita diferenza no marcador, aínda que con dominio vasco ao descanso (30-37).
Tras o intermedio, o Arxil saía con maior intensidade e mesmo chegou a darlle a volta ao marcador no ecuador do terceiro cuarto (48-45), pero o Barakaldo reaccionou nos minutos finais para facer o 51-52.
Con todo por decidir deu comezo o último e definitivo acto, no que as verdes apertaron dispostas a ir a polo seu segundo triunfo da tempada, pero as visitantes, necesitadas de puntuar na súa loita pola manter a categoría, apertaron nos minutos finais e levaron a vitoria por 68-74.
Consulta as estatísticas neste enlace

Partido de LF Challenge entre Arxil e Barakaldo no CGTD