Bandeira de saída para a tempada 36 do Froiz no pelotón nacional

Pontevedra
15 de febreiro 2024

O Grupo Deportivo Supermercados Froiz protagoniza estes días a súa tradicional concentración previa ao comezo dunha nova tempada, na que tentará pelexar de novo cos grandes equipos do pelotón elite e sub-23 e por competicións como a Copa de España que arrinca o 25 de febreiro co Circuito do Guadiana, na localidade estremeña de Don Benito

Concentración de pretempada do Grupo Deportivo Supermercados Froiz
Concentración de pretempada do Grupo Deportivo Supermercados Froiz /

É un clásico dentro do pelotón español, e ten corda para longo. O Grupo Deportivo Supermercados Froiz protagoniza esta semana a súa tradicional concentración de inicio de curso para a que será a súa 36 tempada no circuíto nacional.

A escuedra pontevedresa é a segunda máis lonxeva de todo o ciclismo español, e volverá defender as súas cores nas mellores carreiras do calendario elite e sub-23, empezando por unha Copa de España que sempre aparece como un dos principais obxectivos e que arrinca xa o próximo 25 de febreiro co Circuito do Guadiana, na localidade estremeña de Don Benito.

O equipo alimienticio dirixido por Evaristo Portela viuse obrigado un ano máis a reinventarse, apostando por talento novo tras a marcha de homes importantes como o chileno Vicente Rojas, promocionado a profesionais co conxunto italiano Green Project-Bardiani CSF-Faizanè.

Durante estas xornadas de convivencia, que arrincaron o pasado martes 13 de febreiro, os ciclistas do Froiz realizaron adestramentos en grupo polas Rías Baixas.

O colofón á concentración será a presentación oficial do equipo, prevista para este venres 16 de febreiro cun acto na Deputación de Pontevedra.