O baloncesto pontevedrés e galego, concienciado coa diabetes

Pontevedra
14 de novembro 2024

Con motivo de Día Mundial da Diabetes as xogadoras do Arxil exhibiron no seu partido de LF Challenge un adhesivo que simula o sensor empregado polas persoas que padecen esta enfermidade

Xogadoras de Arxil e Zamora, con adhesivos no brazo polo Día da Diabetes
Xogadoras de Arxil e Zamora, con adhesivos no brazo polo Día da Diabetes / Club Baloncesto Arxil

O deporte da canastra vólvase co Día Mundial da Diabetes, que se celebra este 14 de novembro.

A través dunha iniciativa impulsada pola Federación Galega de Baloncesto en colaboración con Anedia, a concienciación sobre esta enfermidade chegou ás pistas de xogo pontevedresas e de toda Galicia.

Así o visibilizou de feito o Club Baloncesto Arxil no seu partido da Liga Feminina Challenge celebrado este mércores no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

As xogadoras e corpo técnico do equipo pontevedrés, así como as do seu rival Recoletas Zamora e os árbitros do encontro, pousaron antes do partido cun adhesivo no seu brazo.

Simulaban con ese adhesivo o pequeno sensor que utilizan habitualmente as persoas que paceden diabetes.

O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer que é a diabetes tipo 1 e como se pode axudar ás persoas e en especial aos deportistas que teñen que convivir con ela.

Durante a fin de semana repartiranse até 10.000 adhesivos similares nos pavillóns de toda Galicia.

No que respecta ao Arxil, todas as súas categorías sumaranse á iniciativa.