Baloncesto polos catro custados en Marín coa celebración do Campionato de España Infantil Feminino

Marín
11 de xuño 2019

Os pavillóns da Raña, O Sequelo e o Colexio San Narciso acollen durante toda a semana, ata o sábado 15 de xuño, a competición nacional, na que se dan cita 32 equipos

Campionato de España Infantil Feminino de Baloncesto en Marín
Campionato de España Infantil Feminino de Baloncesto en Marín / Nacho Fuentes

Marín vibra estes días coa emoción que achega o Campionato de España Infantil Feminino de Baloncesto.

Por terceiro ano consecutivo a vila é sede dunha competición nacional desta categoría, e pode gozar diso durante toda a semana, ata o sábado 15 de xuño.

A actividade durante as primeiras xornadas está a ser frenética nos pavillóns da Raña, O Sequelo e do Colexio San Narciso, con partidos constantes tanto de mañá como de tarde que xa deixaron ver cales son algúns dos equipos favoritos, como o Snatt's Sant  Adrià, Barça CBS e Citylift Girona que sumaron dúas vitorias e nos seus dous primeiros compromisos.

En total compiten estes días en Marín 32 equipos de toda a xeografía nacional, ao redor de 480 deportistas que pelexan pola ilusión de proclamarse campioas de España.