Cada vez máis preto do obxectivo. A permanencia matemática do Poio FS no seu debut na máxima categoría do fútbol sala feminino está moi próxima a ser unha brillante realidade, especialmente tras a sorprendente vitoria conseguida na pista do terceiro clasificado, a AD Alcorcón, tras un partido espectacular das rapazas que dirixe Marcio Santos.
Con este triunfo, o Poio alcanza a cifra de 28 puntos, e sitúase 11 por enriba dos postos de descenso, a falta de tan só oito xornadas para o final da liga regular.
Solidez defensiva e velocidade nas contras, foron as armas dun Poio que foi capaz de devolver o resultado que as madrileñas conseguiran na Seca, na primeira volta.
O conxunto oleiro intentou premer en tres cuartos de pista, pero encontrouse cun primeiro gol de Claudia, aproveitando un balón solto tras un remate de Charo, e o segundo da mesma Charo, á saída dun corner. Apenas transcorreran seis minutos de partido e as "rojillas" souberon cerras filas en defensa, deixando o control do balón ás locais, pero sen permitirlle crear demasiado perigo.
A pouco de comezar a segunda parte reducía diferenzas o Alcorcón, por medio de Vadillos, en xogada de Andrea, pero o Poio respondería pouco máis tarde sentenciando o partido con outros dous goles da súa capitá, Charo, en apenas un minuto, o primeiro a pase de Ceci, e o segundo de Claudia.
As de Marcio Santos souberon defenderse logo do acoso local, sen que nin sequera o xogo de cinco que intentaron as madrileñas a partir do minuto 36, con Isa García como porteira xogadora, os fixera sufrir para conseguir unha clara, sorprendente e merecida vitoria.
AD ALCORCÿN FSF (1): Miriam; Orive, Lara, Isa García, Lorena -cinco inicial-, Vadillo, Andrea Feijóo, Desirée, Leire e Lucía.
POIO FS (4): Silvia; Charo, Claudia, Ceci, Elena -cinco inicial-, Mar, Paloma, Yoly, Peke e Kiko.
Árbitros: Alejandro Toledo Fernández e Antonio Cabello Ruiz (Colexio madrileño). Amoestaron a Orive polo equipo local, e a Ceci no Poio.
Goles: (0-1) Minuto 6 Claudia. (0-2) Minuto 7: Charo.(1-2) Minuto 22: Vadillos. (1-3) Minuto 25: Charo. (1-4) Minuto 25: Charo.
Incidencias: Pavillón Municipal de Santo Domingo (Alcorcón). Uns 300 espectadores.