O Waterpolo Pontevedra volveu este sábado á Escola Naval Militar de Marín para enfrontarse ao líder Iruña, un dos rivais máis complicados da categoría.
A pesar diso, as pontevedresas loitaron e realizaron un bo xogo, pero a calidade do equipo navarro foi moi superior e caeron por 8-15.
O encontro púxose costa arriba xa desde o inicio para as locais, que recibiron un parcial de 0-3 moi complicado de voltear. Iria Amoedo anotou o primeiro gol para o Waterpolo Pontevedra, pero no segundo cuarto o Iruña volveu pisar o acelerador e mandou o encontro ao descanso nun resultado de 1-8.
Despois do paso polos vestiarios, o equipo navarro continuou coa súa goleada mentres as de Kike García, co partido xa perdido, só puideron aproveitar os últimos instantes para maquillar o marcador final (8-15).
Consulta as estatísticas nesta ligazón