As universidades de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela celebraron este xoves o XXIII Campionato Galego Universitario de Deportes Colectivos. A competición contou con 35 equipos formados por 500 alumnos e alumnas dos centros.
O campus de Pontevedra, en colaboración co Concello, acolleu esta competición na que as categorías masculinas e femininas de baloncesto, balonmán, fútbol, fútbol sala, rugbi 7 e voleibol das diferentes universidades se enfrontaron por ser os representantes de Galicia na fase final do Campionato de España Universitario.
O torneo empezou ás 10:00 horas e desenvolveuse en cinco sedes diferentes. A competición finaliza ás 18:00 horas coa entrega de premios nas diferentes instalacións, completando así unha xornada de deporte e convivencia entre estudantes das tres universidades galegas.