As redes sociais enchen de felicitacións a Tere Abelleira

Pontevedra
20 de agosto 2023

A pontevedresa Tere Abelleira fixo historia coa Selección Española ao proclamarse campioa do mundo tras derrotar a Inglaterra na final. Por iso, as redes sociais encheron de felicitacións á xogadora mostrando a súa alegría e orgullo  

Tere Abelleira festexa coa súa nai o triunfo na final do Mundial
Tere Abelleira festexa coa súa nai o triunfo na final do Mundial / RFEF

A pontevedresa Tere Abelleira fixo historia coa Selección Española ao proclamarse campioa do mundo tras derrotar a Inglaterra na final. Por iso, as redes sociais encheron de felicitacións á xogadora mostrando a súa alegría e orgullo.

Un deles foi o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que escribiu na súa conta de Twitter "Partidazo de Tere Abelleira nesta final do Mundial de Fútbol! Parabéns, campioa! Parabéns!".

Tamén Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, e Luís López, presidente da Deputación de Pontevedra, quixéronse sumar ás felicitacións, dando o parabén a todo o equipo pero en especial á pontevedresa. "Unha final apaixoante coa presenza de Tere Abelleira en nome do deporte galego", escribiu Rueda.

O mundo do fútbol galego tamén quixo felicitar á pontevedresa, coa Federación Galega á cabeza e equipos como o Pontevedra CF ou o Poio Pescamar.

"Grazas Selección e grazas Teresa Abelleira por facernos tan felices", escribiu a Futgal.

Pola súa banda, o cadro vermello quixo lembrar o campionato de España que gañou Tere cando vestía a camiseta conserveira e admitiron estar "orgullosas" dela.

Por último, o equipo masculino da cidade, o Pontevedra CF, colgou unha foto da xogadora española cunha camiseta granate e escribiron: "De Pontevedra para o mundo. Tere Abelleira campioa do Mundo, máis que orgullosos de ti".