Naceu coa idea de promover o traballo das categorías inferiores e servir como peche de curso para as escolas de taekwondo, pero tras catro anos consolidouse no calendiario autonómico como unha cita de referencia para a base do taekwondo.
O Open Cidade do Lérez organizado polo Taekanart de Monte Porreiro reúne no pavillón da Cidade Infantil de Príncipe Felipe ás promesas galegas deste deporte.
A competición, de combate infantil, cadete e júnior e con exhibicións en idade infantil, cadete e adulta, encontrou o seu espazo como complemento o Open Cidade de Pontevedra, que da man do Mace Sport se dirixe máis á elite.
O Cidade do Lérez conta con 434 deportistas de 19 clubs, 243 deles inscritos na competición de combate prevista para o sábado.
O domingo o torneo péchano as exhibicións, con nove equipos participantes e un totak de 191 deportistas.
O ambiente en Príncipe Felipe contaxiouse ademais de solidariedade coa recollida de alimentos organizada pola Asociación de Veciños O Mirador.