As loitadoras do CGTD, Lydia Pérez e Nerea Pampín, soben ao podio no torneo internacional de Klippan

Pontevedra
20 de febreiro 2023

A pontevedresa conseguiu a medalla de bronce, mentres que a estradense tivo que conformarse coa prata despois de caer na final

As loitadoras Nerea Pampín e Lydia Pérez co adestrador Rubén Méndez
As loitadoras Nerea Pampín e Lydia Pérez co adestrador Rubén Méndez / Federación Galega de Loita

As loitadoras que adestran no CGTD Lydia Pérez e Nerea Pampín participaron a pasada fin de semana en Suecia no torneo internacional de Klippan, no que conseguiron unha medalla de bronce e outra de prata, respectivamente. 

Acompañadas polo técnico Rubén Méndez, a pontevedresa subiuse ao terceiro banzo do podio na categoría de -62 quilos despois de derrotar en primeira rolda á campioa francesa, Iris Thiebaux; caer en semifinais fronte á campioa do mundo Suzu Kasaki e, na final polo bronce, impúxose con superioridade á estadounidense Ella Schmit.

Pola súa banda, a estradense Pampín superou en primeira rolda á campioa sueca Nora Svensson e en semifinais á norueguesa Ingrid Skard. Na final non puido coa estadounidense Elleni Diacoumas, coa que perdeu por un axustado 4-5.

Ao finalizar a competición, o técnico Rubén Méndez mostrouse "contento polo desempeño de ambas as deportistas", que agora permanecerán concentradas en Klippan durante 5 días antes de volver aos entrenamnientos do CGTD de Pontevedra.

Dentro dunha semana, ambas as loitadoras participarán nunha nova concentración internacional no INSEP de París.