As furgonetas da Federación Galega de Balonmán cambian o deporte polo voluntariado

Pontevedra
13 de maio 2020

O organismo deportivo cedeu os seus vehículos ao  Concello de Pontevedra e ao de Vigo para colaborar en diferentes fins sociais. Na capital provincial por exemplo utilízanse estes días para a repartición de comida á poboación máis vulnerable

Furgoneta da Federación Galega de Balonmán con voluntarios de Vigo
Furgoneta da Federación Galega de Balonmán con voluntarios de Vigo / Federación Galega de Balonmán

En tempo de alerta sanitaria, neste caso polo coronavirus, toda axuda é benvida, e o mundo do deporte non queda atrás.

É o caso da Federación Galega de Balonmán, que estes días cedeu as súas furgonetas para colaborar con programas sociais que están a desenvolver tanto o Concello de Pontevedra como o de Vigo.

Así, na capital provincial, o vehículo federativo pasou de cargar con material deportivo a repartir comida á poboación máis vulnerable. Faio colaborando co programa porta a porta que realiza a concellería de Benestar Social xunto ao Banco de Alimentos.

En total este programa está a asistir a ao redor de 600 persoas na crise sanitaria.

Ademais, en Vigo, outro dos furgóns da Federación Galega empezou a axudar na repartición de material informático destinado a nenos e nenas sen acceso a computadores ou tablets co obxectivo de que poden seguir as súas clases de forma telemática.