O Concello de Pontevedra abriu "hoxe mesmo" o período de inscricións para as Escolas Deportivas Municipais de cara ao presente curso 24-25.
Así o explicou a concelleira de Deportes, Anabel Gulías, nunha rolda de prensa na que presentou a oferta deportiva de formación con 22 modalidades deportivas e ata 2.500 prazas para nenos e nenas de 4 a 14 anos.
"A inscrición faise directamente aos clubs", sinalou Gulías resaltando "como novidade que volve o salvamento acuático co SAPO".
En total están involucrados nas convocatoria das escolas deportivas 37 clubs da cidade aos que "agradecemos a súa colaboración".
Todo iso con prazas que terán un custo anual directo para os pais de entre 50 e 70 euros, en función da modalidade, xa que o resto estará subvencionado pola administración local (a razón de 82 euros por praza cun orzamento total de 250.000 euros).
Consulta aquí a listaxe completa das Escolas Deportivas Municipais 24-25.