Xa hai data para a posta á venda das entradas do partido internacional entre España e Italia, correspondente á quinta xornada da UEFA Women's Nations League, que se xogará no Estadio Municipal de Pasarón.
A Real Federación Española de Fútbol (RFEF) e a Real Federación Galega de Fútbol informaron este xoves que a venda de localidades activarase o próximo xoves 23 de novembro ás 12.00 horas.
A única canle de venda autorizado será a plataforma oficial da Federación, tickets.rfef.es.
Os prezos para ver en directo ás campioas do mundo serán ademais accesibles, e é que oscilarán entre os 10 e os 15 euros. En concreto as localidades de Tribuna terán un custo de 15 euros, as de Preferencia 12 euros e as dos fondos 10 euros.
Ademais poñeranse á venda entradas para persoas con diversidade funcional (localidades PMR) cun prezo de 15 euros en Tribuna e 12 euros en Preferencia, incluíndo neste caso unha localidade para a persoa acompañante.
O encontro oficial entre España e Italia disputarase en Pasarón o venres 1 de decembro ás 21.30 horas.