As entradas para a final polo ascenso a Primeira RFEF están xa á venda.
O Pontevedra Club de Fútbol confirmou o prezo das entradas e a promoción que estará dispoñible para os seus abonados de cara ao choque de volta á decisiva eliminatoria contra o Betis Deportivo.
O choque definitivo xogarase o domingo día 2 de xuño ás 18.00 horas no Estadio Municipal de Pasarón, co obxectivo na casa granate de achegarse a un cheo nas bancadas que que converta o coliseo pontevedrés nunha caldeira que axude o equipo.
O prezo das localidades mantense sen cambios, con entradas para adultos a 10 euros nos fondos, 15 euros en Preferencia e 20 euros en Tribuna. Os afeccionados de categoría xuvenil (7 a 17 anos) pagarán pola súa banda 8 euros en fondos e Preferencia e 15 euros en Tribuna e os menores desa idade terán o acceso gratuíto.
A isto súmase a posibilidade de que os abonados do Pontevedra retiren unha localidade a metade de prezo para a súa mesma bancada, en lugar das dúas das últimas ocasións, promoción que estará dispoñible en venda anticipada nas oficinas do club así como na plataforma de venda en liña.
ENTRADAS | Xa podes comprar as túas entradas para a volta do Play Off en Pasarón ante o Betis Deportivo‼️
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) May 22, 2024
Domingo 02/06
18:00
Abonados poden adquirir unha entrada a metade de prezo para a mesma bancada e categoría que o abonado (en oficinas ou online) pic.twitter.com/RBwzftlh6o