O equipo cadete feminino do Club Waterpolo Pontevedra proclamouse campión galego esta fin de semana no campionato celebrado na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
O conxunto da cidade do Lérez fíxose co título na mañá do sábado despois de vencer ao RCN Vigo por 7-13 e ao CWC Rías Altas por 17-5. No partido polo segundo e terceiro posto, as viguesas impuxéronse por un claro 2-10 ás coruñesas.
Ao finalizar os partidos tivo lugar o acto de entrega de medallas no que participaron o concelleiro de Deportes, Tino Fernández; e o deputado provincial Santos Héctor.