A través do subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, as asociacións de nais e pais (ANPA) da provincia, fixeron chegar tanto á Real Federación Española de Fútbol (RFEF) como á Liga de Fútbol Profesional (LFP) a súa petición de eliminar os coñecidos como 'pasillos de collejas' do fútbol nacional.
A preocupación das ANPA é que estas imaxes, que habitualmente se producen en adestramentos de equipos profesionais cando hai uns aniversarios ou celebración, chéganse a reproducir nos centros educativos sendo unha influencia negativa no ámbito escolar.
Losada enviou senllas cartas a RFEF e LFP tras a emisión en canles de televisión e outros medios de comunicación de imaxes dun 'pasillo de collejas' ao porteiro da Selección Española, Unai Simón, e tamén do seleccionador Luis de la Fuente.
"Agora mesmo e durante todo o ano hai rapaces que están expulsados temporalmente dos centros educativos por realizar pasillos de collejas no instituto ou no autobús, mentres no ámbito de deporte profesional non só se toleran, senón que mesmo celébranse este tipo de prácticas dando un pésimo exemplo", explica o subdelegado do Goberno.
Na súa resposta a estas carta, o presidente da LFP Javier Tebas asegurou que dará traslado desta inquietude aos capitáns dos 42 clubs que compoñen o fútbol profesional español ao ser conscientes da responsabilidade que teñen os futbolistas "debido á enorme influencia que exercen sobre os nenos e os adolescentes".
Pola súa banda Pedro Rocha, máximo dirixente federativo, comprometeuse a "tomar nota do exposto para evitar que condutas como las descritas se normalicen".