Arzu e o plan do Betis para Pasarón: "Mejorar esos aspectos que nos hicieron meternos en nuestro propio campo"

Pontevedra
31 de maio 2024

O adestrador do Betis Deportivo asegura que tentarán en Pasarón "hacer un partido lo más competititvo posible" para levar o ascenso

Arturo García 'Arzu', adestrador do Betis Deportivo
Arturo García 'Arzu', adestrador do Betis Deportivo / Real Betis Balompié

O Betis Deportivo viaxará a Pontevedra coa intención de augarlle o ascenso a Primeira RFEF ao Pontevedra Club de Fútbol, defendendo o 1-0 que lograron ao seu favor no encontro de ida.

Para iso, asegura o seu adestrador Arturo García 'Arzu', "intentaremos mejorar esos aspectos que nos hicieron meternos en nuestro propio campo e intentaremos hacer un partido lo más competititvo posible".

Refírese ao técnico a un encontro de ida no que os granates "nos pusieron las cosas muy difíciles sobre todo en la segunda parte que fue cuándo nos quitaron verdaderamente el balón y dónde nosotros sufrimos más".

"Este ya es el último partido, esta sí que es una final", afirmou Arzu avanzando que "la idea es que viajemos todos, que todos disfrutemos de este último partido y eso va a ser un extra que vamos a tener".

O adestrador bético referiuse tamén aos seguidores sevillanos (unha vintena) que confirmaron a súa presenza no Estadio Municipal de Pasarón, xunto a familiares dos xogadores, e é que "es imprescindible no sentirnos sólos allí", asegura esperanzado de "brindarle esa final y ese ascenso a los que vayan en directo y a todo seguimiento que vamos a tener aquí en Sevilla".