Arzu, adestrador do Betis Deportivo: "Viñemos gañar, fomos valentes e estivemos moi ben na presión"

Pontevedra
02 de xuño 2024

"Axustamos ben en relación á ida. Viñemos a gañar, fomos valentes e estivemos moi ben na presión. Incomodámolos aproveitando a velocidade e é aí onde lles fixemos bastante dano", recoñeceu o adestrador verdibranco, quen asegurou que o labor do Betis neste play-off "ten moito mérito" despois de quedar quinto do seu grupo na liga regular

Arzu, na rolda de prensa tras o partido entre Betis Deportivo e Pontevedra CF
Arzu, na rolda de prensa tras o partido entre Betis Deportivo e Pontevedra CF / Mosrey Fotografía

"O nivel dos equipos era moi parello e podíase decantar por calquera lado". Así comezou a rolda de prensa do técnico do Betis Deportivo, Arzu, tras o ascenso do seu equipo a Primeira RFEF.

"Axustamos ben en relación á ida. Viñemos a gañar, fomos valentes e estivemos moi ben na presión. Incomodámolos aproveitando a velocidade e é aí onde lles fixemos bastante dano", recoñeceu o adestrador verdibranco, quen asegurou que o labor do Betis neste play-off "ten moito mérito" despois de quedar quinto do seu grupo na liga regular.

Explicou que o seu equipo leu ben o posicionamento do Pontevedra e contragolpeou "moi ben. Axustamos ben non caer en fóra de xogo excesivas veces e os mozos interpretárono", explicou.

Dixo tamén que os seus xogadores afrontaron o asedio de centros na recta final do encontro "cunha madurez moi grande" e cre que "se nos empatasen na última acción, sufririamos na prórroga".