O Club Baloncesto Arxil continúa a súa difícil tempada en Liga Feminina Challenge, sumando a súa vixésimo terceira derrota tras caer ante o Estepona, un equipo da zona alta da clasificación.
A pesar dun bo inicio, as pontevedresas non puideron manter o ritmo ante un rival que demostrou a súa superioridade ao longo do encontro até sentenciar por 87-68.
O partido arrancou do máis igualado, coas de Marita Janeiro plantando cara e metendo presión a un Estepona que se facía cun parcial de 21-15.
Con todo, as malagueñas apertaron o acelerador no segundo cuarto e noquearon por completo ao Arxil, que quedou sen recursos para frealo (46-30).
Despois do paso polos vestiarios mantívose a mesma tónica: o equipo local dominou o xogo, mentres as de Pontevedra procuraron maquillar o resultado e chegar vivas ao último cuarto (67-44).
Xa nos minutos decisivos, o Estepona relaxouse e o Arxil aproveitouno para recortar diferenzas, pero non foi suficiente para evitar unha nova derrota por 87-68.
Raquel Laneiro foi a máxima anotadora do equipo verde con 10 puntos, seguida de Nerea Liste e Forster con 12 e Zivaljevic con 11.
A próxima xornada, o sábado 22 de marzo, o Arxil recibirá no CGTD a partir das 19:30 horas ao Club Deportivo La Salle.
Consulta neste enlace as estatísticas