Non conseguiron sumar o seu segundo triunfo da tempada, pero si ofrecer boas sensacións en canto a xogo e fronte á súa afección.
O Arxil, último na táboa, plantou cara a un Lima-Horta que chegaba ao partido necesitado e coa obrigación de gañar para manter vivas as súas esperanzas de salvación, unhas esperanzas que no club pontevedrés perderon fai xa varias xornadas.
Tras un primeiro cuarto igualado que concluíu cunha axustada vantaxe para as visitantes (13-15), puxéronse ao choio para ampliar a súa diferenza até os 15 puntos, aproveitando os erros do Arxil en ataque e mostrando unha maior efectividade nos seus lanzamentos.
Con todo, as verdes reaccionaron no último minuto con dous tiros libres anotados por Zivaljevic e un triplo de Raquel Laneiro, reducindo a desvantaxe a 33-43 ao descanso.
Aínda tiña opcións o conxunto pontevedrés, pero o Lima-Horta non baixou os brazos e mantivo esa pequena renda que lle permitiu chegar ao último período cunha superioridade de once puntos (47-58).
Non se xogaba nada o Arxil, ademais do seu orgullo, e seguiu loitando cada balón para tratar de complicar as aspiracións do seu rival.
E loitaron até o final as xogadoras de Marita Janeiro, pero o equipo catalán mantivo a renda, aínda que con moitos problemas, para facerse co triunfo final por 74-82.
Raquel Laneiro foi a máxima anotadora do Arxil con 20 puntos, seguida de Nerea Liste, con 13, e Margarita Moreira e Zivaljevic, con 10 cada unha.
Consulta as estatísticas neste enlace

Partido de LF Challenge entre Arxil e Lima-Horta Barcelona no CGTD