A piscina olímpica do Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuiños foi escenario do Campionato Galego de Base de Natación Sincronizada.
Oito clubs da comunidade, con preto de 150 nadadoras, todas elas maiores de 12 anos, xunto a adestradoras e familia conviertieron nunha xornada festiva a competición.
Esta modalidade de base outorga unha maior importancia artísitca en relación á técnica, ao ser os adestramentos destes equipos principalmente lúdicos, a diferenza da categoría de nivel.
Presentáronse unha vintena de rutinas, sendo o mellor club da competición o Club Aguamarina Sincro, que copou os dous primeiros postos do podio, mentres terceiro foi o equipo do RCN de Vigo.
A competición estivo organizada polo Club Galaico Sincro de Pontevedra e serviu para poñer a punto a infraestrutura para o próximo Campionato Galego de Nivel, competición por excenlencia da sincronizada autonómica e que terá lugar tamén en Pontemuiños o próximo 24 de xuño.