Arrinca en Pontevedra a gran festa do baloncesto feminino coa disputa do Campionato de España Infantil. A fase de grupos celébrase no Pavillón Municipal e nas dúas pistas do Pavillón Multiusos da Xunqueira e os cuartos, semifinal e final no Pavillón Municipal.
Os equipos están divididos en oito grupos de catro equipos cada un, sendo o sistema de competición o mesmo das últimas tempadas. Catro grupos (A, B, C e D) de cabezas de serie con catro participantes e tres pasaportes aos oitavos de final. E outros catro (E, F, G e H) nos que só o líder loitará polo título. Tres días de liga regular e outros catro de eliminatorias directas (oitavos, cuartos, semis e final).
En canto á formación dos grupos, despois do sorteo realizado pola Federación Española han quedado encadrados da seguinte maneira:
- Grupo A: Sertrans Sant Adrià, Club Náutico Tenerife, El Pilar e Liceo Monjardín
- Grupo B: Casademont Zaragoza, Barça CBS, Colegio Virgen del Mar e Cafés Candelas Ensino
- Grupo C: SPAR Gran Canaria, Ricopia Funbal Alcalá, La Salle e Origen Automóviles Gabilondo
- Grupo D: Movistar Estudiantes, Homs UE Mataró, Valencia Basket e CB Boscos Ciutadella
- Grupo E: Mercado Central OSB, Náutico Tenerife, 2º País Vasco e CB Las Rozas
- Grupo F: EM Piélagos, EM El Olivar, Suburbana BF León e CB Albacete
- Grupo G: Celta Zorka Recalvi, 1º País Vasco, 1º R. Murcia e La Salle
- Grupo H: Unibasket, Basquet Coruña Leyma, CB Al-Qázeres ADC e Real Grupo C. Covadonga
Son en total 32 os equipos participantes e máis de 600 as xogadoras que se congregarán ata o 8 de xuño na Boa Vila acompañadas do corpo técnico, familiares e numerosos afeccionados que encherán a cidade dun gran ambiente deportivo. Espérase, de feito, a presenza de máis de 2.000 persoas ao longo de toda a semana.
Nesta ligazón podes consultar o calendario da competición.