Arosa e Boiro abriron o novo ano na Lomba selando un empate no derbi aprazado polo mal tempo que debía disputarse o pasado 24 de novembro.
Eran favoritos por aquel momento os arlequinados, pero todo quedou en nada tras os últimos empates no seu campo, que frearon a súa escalada ao máis alto dunha clasificación que actualmente ocupa a Unión Deportiva Ourense.
En canto ao enfrontamento, púxose costa arriba desde moi cedo para o equipo adestrado por Míchel Alonso, que viu como no primeiro achegamento do Boiro, no minuto 2, Dani Pedrosa adiantaba ao seu equipo tras aparecer no segundo pau e rematar de primeiras un saque de esquina.
Tentou o cadro local voltear o resultado, pero non foi até despois do paso polos vestiarios cando o logrou.
Tamén cun gol temperán, esta vez en apenas seis minutos do segundo tempo, un penalti cometido sobre Álex Comparada el mesmo encargouse de transformar para devolver as táboas ao marcador.
A Terceira
— En Xogo tvG2 (futgal ponse ao día co partido dá LombaArosaSCOficial 1-1CDBoiro
0-1 Pedrosa 3'
1-1 Comparada 52' pen
A unha xornada para ou final dá 1ª volta aUDOurense2014 manten ou liderado con +4 sobre Arosa, Sarriá e Vilalbés pic.twitter.com/xDZEwZ7gOMEnXogo_tvG2) January 4, 2025
Todo podía pasar no devir do encontro e ambos os conxuntos puideron levar o triunfo, pero finalmente tiveron que conformarse cun empate que sabe a pouco, especialmente ao Arosa.
A unha xornada para o final da primeira volta, o Arosa mantense en segunda praza, a catro puntos da UD Ourense, que mantén o liderado.
Consulta a acta do partido neste enlace