O conxunto arlequinado logrou unha contundente vitoria na Gándara fronte ao Valladares que lle permite recuperar sensacións e manter as súas opcións de acceder ao play-off.
O equipo, que chegaba ao encontro coa intención de cortar unha serie negativa tras sumar só un punto no últimos tres partidos, mostrouse moi sólido e efectivo en todas as facetas.
Compa adiantou aos de Vilagarcía no minuto 13, José Rivera ampliou a vantaxe pasada a media hora, e Javi Pereira sentenciou ao fío do descanso co 0-3.
Torrado, no minuto 78, pechou a goleada co definitivo 0-4.
VILLALONGA 0-1 ATLÉTICO ARTEIXO
Pola súa banda, o equipo celeste sufriu unha dolorosa derrota pola mínima en San Pedro fronte ao Atlético Arteixo, que complica as súas aspiracións de permanencia na categoría.
O Villalonga aguantou durante todo o partido, pero Iago Pérez, no minuto 90, anotou o único gol do encontro que deixou xeada á parroquia local.
A falta de oito xornadas para o final da liga, o Arosa mantense na sexta posición, a dous puntos do Alondras, que marca a zona de play-off.
Os de Sanxenxo, en cambio, atópanse en penúltima posición con 23 puntos, con Valladares, Barbadás e Somozas empatados a 26 puntos, marcando a salvación.