A Asemblea Xeral Ordinaria da Real Federación Española de Piragüismo aprobou o seu proxecto de calendario para 2024, e un ano máis o encoro pontevedrés de Pontillón do Castro, en Verducido, aparece como unha das súas sedes estratéxicas.
Así, ata tres dos grandes eventos de categoría nacional foron designados á instalación pontevedresa baixo a organización da Federación Gañega de Piragüismo.
O primeiro deles será a 1ª Copa de España Sprint Olímpico da tempada, prevista para os días 13 e 14 de abril nun ano de especial importancia ao aparecer os Xogos Olímpicos no horizonte.
Ademais a base terá especial protagonismo coa Copa España "Xóvenes Promesas" Sprint Cadetes os días 1 e 2 de xuño e sobre todo co LV Campionato de España Sprint "Xóvenes Promesas” Cadetes-infantís os días 19, 20 e 21 do mes de xullo.
A estes eventos únense tamén ata tres xornadas das ligas nacionais de Kaiak-Polo que se disputarán nas instalacións do Complexo Deportivo David Cal no encoro de Pontillón do Castro.
No calendario nacional da Real Federación Española de Piragüismo non se adxudicaron aínda tres dos maiores eventos do ano, e que en anteriores ocasións recalaron en Pontevedra, como son o LV Campionato de España de Sprint Olímpico ou os campionatos de España de Maratón e Maratón Curto.