A Xunta de Goberno Local do Concello de Pontevedra aprobou este xoves a convocatoria para as subvencións das escolas deportivas correspondentes á tempada 2024-2025, cun orzamento total de 250.000 euros.
Estas axudas están dirixidas a entidades deportivas privadas sen ánimo de lucro, federacións deportivas a nivel autonómico, provincial ou local, así como a asociacións de nais e pais, e entidades que traballan con persoas con discapacidade e dependencia.
A alcaldesa accidental, Eva Vilaverde, anunciou tamén a concesión definitiva das subvencións para as Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (ANPAs) do curso 2023-2024, cunha dotación total de 24.670 euros.
Das 19 solicitudes recibidas, 17 foron aprobadas, e as axudas oscilan entre 600 e 2.000 euros, dependendo da puntuación obtida segundo as bases presentadas en abril.
Vilaverde subliñou o compromiso do Concello coa puntualidade e eficacia na xestión destas subvencións, destacando que se están a cumprir os prazos previstos tanto para as axudas das ANPAs como para as das escolas deportivas.