Apertura de inscricións para as Escolas Deportivas Municipais

Pontevedra
15 de setembro 2023

A concelleira de Deportes, Anabel Gulías, anunciou este venres que as inscripcións para as Escolas Deportivas Municipales (EDM) 2023-2024 estarán abertas a partir do luns 18 de setembro. Tamén indicou que xa están aprobadas as axudas de clubes do ano 2022 cun importe de 300.000 euros  

Anabel Gulías, concelleira de Promoción Económica
Anabel Gulías, concelleira de Promoción Económica / Mónica Patxot

A concelleira de Deportes, Anabel Gulías, anunciou este venres que as inscripcións para as Escolas Deportivas Municipales (EDM) 2023-2024 estarán abertas a partir do luns 18 de setembro.  Tamén indicou que xa están aprobadas as axudas de clubes do ano 2022 cun importe de 300.000 euros.

Segundo expuxo a representante do BNG, as inscripcións comezarán o luns 18 de setembro e estará dirixido a escolares de entre 4 e 14 anos e así "facilitar o acceso aos máis cativos da casa a través da iniciación dunha modalidade deportiva".

Para este curso escolar, as aportacións van destinadas a 22 modalidades deportivas xestionadas por 35 entidades. O importe alcanza os 250.000 euros, unha cifra que para Gulías vai máis aló, xa que tamén dotan aos clubes de recursos publicitarios e ceden as instalacións de forma gratuíta.

Nesta ocasión, "fixemos axustes nas bases para garantir a axilidade administrativa das axudas para que os cartos chegue aos clubes", xustificou a concelleira. Como novidade, tamén modificaron a forma de incripción e serán os clubes os encargados de xestionar as prazas para "intentar ser máis axiles na xestión das máis de 2.000 que poñemos a disposición dos nenos e nenas da cidade".

Haberá "un amplo abano de modalidades deportivas", que pasan de atletismo, bádminton, baloncesto, balonmano, ciclismo de montaña, escalada, fútbol, fútbol sala, judo, pádel, rugby, taekwondo, tenis, voleivol, xadrez, ximnasia... e, como novas incorporacións, loita, waterpolo e natación.

No caso das subvencións, a concelleira sinalou que "aprobamos as bases para que os clubes poidan solicitar as axudas e traballar coa maior axilidade posible para dar respostas ás necesidades", polo que destinarán un orzamento de 300.000 euros co obxectivo de "apoiar a actividade das entidades federadas do municipio", explicou Gulías.

En 2021 foron 55 as entidades que solicitaron as axudas e "creemos que aumentaremos o número para este ano", sinalou, de maneira que "dende xa nos poñemos a traballar nas axudas do 2023 para intentar no máis breve período de tempo posible ter as axudas dos clubes ao día".

"Estamos orgullosas do traballo que se está facendo dentro da área de deportes e do esforzo nos últimos meses", resaltou Gulías, que fixo un "balance positivo" da implicación e esforzo que está facendo a concellería.