A travesía de natación Volta a nado Illa de Tambo-Concello de Poio abre inscricións para a súa primeira edición, que terá lugar o domingo 21 de agosto.
Así o anunciou a organización do evento, a cargo do propio Concello e de Atlantic Extreme Sports.
Trátase dunha proba que nace co obxectivo de consolidarse como referencia nas citas estivais da natación galega e que contará na súa estrea con dúas distancias, de 4.500 e de 6.000 metros.
Os interesados en participar poderán formalizar a súa inscrición a partir deste venres 6 de maio no portal www.championchipnorte.com e ata o 12 de agosto, esperándose a presenza de ata 300 deportistas.
A saída e chegada da travesía a nado estará situada na Praza da Chousa de Combarro, cun circuíto curto que levará aos nadadores ata a praia de Area da Illa, no cara norte de Tambo, e un longo no que se dará a volta completa á illa.