O A-Qazeres impón a súa lei ante un combativo Arxil

Pontevedra
02 de novembro 2024
Actualizado: 21:35

A pesar do bo inicio, as pontevedresas caeron derrotadas por 68-50 ante un equipo que até a data non puntuara en casa

Partido entre Arxil e Adareva Tenerife no CGTD
Partido entre Arxil e Adareva Tenerife no CGTD /

O Club Baloncesto Arxil sumido na dinámica negativa e non consegue dar coa tecla para sumar o seu segundo triunfo da tempada en Liga Feminina Challenge.

O partido arrincou de maneira prometedora para o o Arxil cos triplos de Raquel Laneiro e Laura Fernández. Con todo, pasado o ecuador do primeiro cuarto o conxunto pontevedrés empezou a cometer erros que as locais aproveitaron para darlle a volta ao marcador e coller as rendas do duelo (21-16).

No segundo período, a situación complicouse aínda máis para o Arxil. O Al-Qazeres ampliou a súa vantaxe até os 13 puntos, obrigando a Marita Janeiro a pedir tempo morto para tentar frear a hemorraxia, pero a pesar dos intentos de reacción, as locais mantiveron unha vantaxe de 10 puntos ao descanso.

Tras o paso polos vestiarios, o Arxil tentou recortar distancias, pero o equipo cacereño soubo manter a calma e controlar o ritmo do partido. Os últimos dez minutos foron un mero trámite, coas locais xestionando a súa vantaxe e sentenciando o partido cun resultado de 68-50.

Consulta as estatísticas neste enlace