Non puido ser. O triatleta afincado en Pontevedra, Antonio Serrat, perdeu o liderado das series mundiais de tríatlon que se disputaron este sábado na cidade xaponesa de Yokohama tras quedar nun undécimo posto.
Era o primeiro evento do ano, posto que as dúas primeiras xornadas celebráronse no último trimestre do 2021 en Hamburgo e Abu Dhabi, onde Serrat conseguiu dous quintos postos que lle permitiron ascender ata o primeiro posto do ranking e así chegar a Xapón defendendo o liderado.
Aguantou o tipo o vigués como puido en toda a carreira a pesar das duras condicións que tiña o asfalto, empapado pola choiva caída horas antes. Tamén mantivo o tipo en todo o tramo da carreira pé, onde chegou inmerso nun primeiro pelotón de 25 triatletas que se baixaron da bicicleta case á vez.
Con todo, nos 5 quilómetros finais, Serrat foise quedando atrás ata alcanzar a meta na undécima praza, cedendo así o primeiro posto da xeral ao francés Leo Bergere, que foi terceiro este sábado só por detrás o dobre medallista olímpico en Tokio, Alex Yee, primeiro, e do neozelandés Hayden Wilde, segundo.
O tamén español Roberto Sánchez foi 18 na súa primeira carreira de series mundiais de formato olímpico, Miriam Casillas chegou no posto número 10 conseguindo o seu segundo mellor resultado histórico.
En paratriatlón, Susana Rodríguez co seu guía Sara Loehr foron primeiras, igual que Lionel Morais, segundos foron Kini e Carmen González e terceiro chegou Xota acompañado por Dani Mugica.