Antonio Fernández: "O Pontevedra demostrou que chegou a Primeira RFEF para competir"

Pontevedra
18 de setembro 2022

"O esforzo do equipo foi encomiable", recoñece o técnico granate, que eloxia os cambios realizados e o traballo de todos os seus xogadores: "hoxe o Pontevedra demostrou que chegou á Primeira RFEF para competir"

Antonio Fernández, na rolda de prensa en Riazor
Antonio Fernández, na rolda de prensa en Riazor / Mosrey Fotografía
Rolda de prensa de Antonio Fernández tras o partido contra o Deportivo /

O empate entre Deportivo e Pontevedra deste domingo en Riazor deixou unha "sensación agridoce" a Antonio Fernández, que considera que o equipo tivo "na man tres puntos" co gol de Brais Abelenda pero tívose que conformar cun ao que tamén "hai que darlle valor".

"O esforzo do equipo foi encomiable", recoñece o técnico granate, que eloxia os cambios realizados e o traballo de todos os seus xogadores: "hoxe o Pontevedra demostrou que chegou á Primeira RFEF para competir".

E é que ten mérito conseguir un punto en Riazor, "un dos escenarios máis difíciles do campionato. Hai que estar orgullosos", afirma Fernández, consciente de que a afección tivo parte de culpa nese resultado. "Deunos ese alento para aguantar ese punto. Hoxe demostrou que é unha das mellores de Galicia e axudounos moito nos momentos difíciles, que foron ao final de todo".

En canto á formulación, considera que incomodaron" e "confundiron " o xogo do Dépor", ao que lle fixeron "cometer cometer erros, desaxustes nos pases aos seus exteriores".

Algo que permitiu ao Pontevedra ver o nivel "que podiamos dar nun escenario como o de hoxe e contra un rival como o de hoxe". Por iso, confirma que os seus xogadores adaptáronse rápido á categoría e agora teñen que "saborear o que fixemos hoxe e preparar o partido do mércores".