O Pontevedra Club de Fútbol xa ten adestrador, e será un home case da casa.
Trátase de Antonio Fernández Rivadulla, ex-xogador granate na campaña 2011/2012, veciño da cidade e adestrador de equipos da zona como Vilalonga e Alondras antes de facer as maletas rumbo a Andalucía.
As últimas tres tempadas dirixiu ao San Roque de Lepe, logrando o ascenso na segunda delas á Segunda RFEF e logrando unha meritoria sexta posición en liga.
O novo técnico granate asina por unha tempada tras alcanzar ambos os clubs un acordo para o traspaso dos seus dereitos federativos.
Antonio será presentada este mesmo mércores, ás 17.00 horas, no Estadio Municipal de Pasarón.