O Pontevedra CF fixo os deberes este domingo na súa visita ao pechacancelas Ceuta nun partido marcado pola expulsión de Rodri ao fío do descanso pero no que os granates competiron ben para facerse co triunfo.
O adestrador granate, Antonio Fernández, compareceu despois do duelo e admitiu estar "contento coa vitoria pero non co final do partido", xa que entende que "tivemos opcións de matalo pero ata o final puido o Ceuta empatar".
O gol temperán do cadro local "púxonos as cousas costa arriba", destacou Fernández, "a expulsión equilibrou e nivelou a balanza, estivemos afortunados en empatar rápido e deunos a posibilidade de con paciencia rematar o partido".
En canto a expulsión, o técnico non se quere mollar nin xulgar as descisións arbitrais xa que entende que "nós non podemos entrar", pero considera que "estas circunstancias axudan a desnivelar o marcador" aínda que moitas veces "non es capaz de remontar".
Mostrouse optimista ademais no xogo que fixo o seu equipo, cre que "hoxe estivemos ben, levamos o balón por fóra e os balóns que metemos foron correctos", concluíu.