A Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia no Deporte propuxo para sanción na súa última reunión, celebrada este luns 13 de xaneiro, a tres afeccionados do Pontevedra Club de Fútbol.
Faio tras o informe elaborado polas forzas de seguridade con motivo do partido de primeira rolda de Copa do Rei contra o Levante, o pasado mes de decembro.
En concreto, Antiviolencia propón sancionar tres afeccionados granates.
A un deles por acceder ao interior do estadio cunha navalla e un abridor, a outro por ser localizado no interior de Pasarón con outra navalla e a un terceiro por portar un artefacto pirotécnico dentro de Pasarón.
Para todos eles Antiviolencia propón unha sanción económica de 3.001 euros.
Ademais inclúe a prohibición de acceso aos recintos deportivos por un período de 6 meses.
Estas propostas serán agora valoradas pola delegación do Goberno, quen decidirá si confirma a sanción aos afeccionados pontevedreses.
A Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e a Intolerancia no Deporte reúnese cunha periodicidade quincenal e está composta por representantes do Consello Superior de Deportes, o Ministerio do Interior, o Corpo Nacional de Policía, a Garda Civil, a Real Federación Española de Fútbol, LaLiga e ACB e a Fiscalía Xeral do Estado.