A un paso das medallas quedou Antía García no Campionato do Mundo de Salvamento celebrado en ela localidade autraliana de Gold Coast.
A deportista caldense formou parte en Australia da Selección Española, rozando o podio ata en cinco ocasiones.
Antía foi cuarta na proba de 100 aletas, cun tempo de 52.10 segundos co que quedou a cinco décimas das medallas, e repetiu posto coa remuda 4x50 tubo de rescate do equipo español.
Ademais a representante do Club Acuático Umia asinou tres quintos postos tamén en remudas, no 4x25 arrastre, o 4x50 obstáculos e o 4x50 mixto.
A guinda á súa participación mundialista púxoa na proba de 100 combinada, na que chegou á final B asinando un novo récord galego.