Antía Chamosa reivindícase en Toledo

Pontevedra
13 de novembro 2024

A atleta pontevedresa impúxose na Espada Toledana marcando un novo récord galego na distancia de 5 quilómetros marcha

Antía Chamosa, no Campionato Galego de Marcha o aire libre no CGTD
Antía Chamosa, no Campionato Galego de Marcha o aire libre no CGTD / Cristina Saiz

Comezou a tempada con forza Antía Chamosa, que aspirar a consolidarse como unha das grandes figuras da marcha atlética española.

A deportista da Sociedad Gimnástica reivindicouse o pasado domingo 10 de novembro vencendo na Espada Toledana, proba disputada en Toledo e que contou cun gran nivel de participación.

De feito a pontevedresa, que marcou un novo récord galego na distancia dos 5 quilómetros, superou en meta a subcampioa europea de 35 quilómetros Raquel González e á olímpica Laura García-Caro, que foron segunda e terceira respectivamente.

Antía parou o crono na localidade manchega nun tempo de 21:52 minutos, con 23 segundos de vantaxe sobre González e 32 segundos sobre García-Caro, diploma en París 2024.

Todo un reforzo moral na preparación de Chamosa, que este sábado 16 de novembro volverá competir cunha proba na casa.

Isto débese a que o Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra será escenario do Campionato Xunta de Galicia de Marcha de Inverno.

Na Espada Toleadana tamén participou Daniel Chamosa, rozando o podio ao ser cuarto nos 5 quilómetros cun tempo de cuarto cun tempo de 20:17.

Era a 36 edición desta tradicional competición de marcha, coa que habitualmente se empezan a testar as forzas de face á nova tempada.