Antía Chamosa non participará no relevo mixto de marcha nos Xogos Olímpicos por decisión do seleccionador

Pontevedra
05 de agosto 2024

María Pérez e Álvaro Martín Uriol son os atletas que representarán a España nesta proba o mércores 7 a partir das 07.30 horas

Álvaro Martín e María Pérez, os atletas que disputarán a proba
Álvaro Martín e María Pérez, os atletas que disputarán a proba / Real Federación de Atletismo

María Pérez García e Álvaro Martín Uriol son os atletas escollidos polo seleccionador Pepe Peiró que representarán a España na proba de marcha de relevo mixto dos Xogos Olímpicos de París o mércores 7 a partir das 07.30 horas.

O cuarteto complétase con Cristina Montesinos e con Miguel Ángel López.

Con esta decisión, Antía Chamosa, atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, que lograra a marca mínima en maio para acudir á cita olímpica, non participará nesta edición, malia formar parte da expedición olímpica.

Chamosa realizara unha intensa preparación co obxectivo de formar parte do cuarteto que correra polo centro de París, despois de lograr no Gran Premio Internacional de Marcha Cantones da Coruña unha marca de 1:29.07, que supuxo un novo récord galego absoluto.

Á exclusión da atleta pontevedresa súmanse Diego García, Raquel González, Laura García Caro e Alberto Amezcua.