Antía Chamosa conseguiu este sábado o rexistro mínimo para participar nos Xogos Olímpicos de París 2024 nos 20 quilómetros marcha do Gran Premio Internacional de Marcha Cantóns da Coruña.
A atleta pontevedresa cruzou a liña de meta na décimo segunda posición e un tempo de 01:29:07 que, ademais de supoñer un novo récord galego absoluto, permítelle entrar na loita por un posto nas olimpíadas deste verán.
Con Chamosa, España ten cinco atletas coa mínima para pelexar polas tres prazas individuais, polo que deberá esperar para saber se irá a París. Desas tres, dous xa están outorgadas a Cristina Montesinos, campioa de España, e a María Pérez, campioa do mundo.
A gañadora da proba foi a peruana Kimberly García e a mellor española foi Laura García Caro cun quinto posto.
DANI CHAMOSA, NOVO RÉCORD GALLEGO
A Sociedade Gimnástica estivo dobremente representada na Coruña, e é que Daniel Chamosa, igual que fixera a súa irmá minutos antes, estableceu un novo récord galego absoluto tras completar os 20 quilómetros en 01:20:15. O pontevedrés foi vixésimo sexto na clasificación xeral.