Ánimos ao rugby feminino pontevedrés antes da final polo título galego

Pontevedra
17 de abril 2024

O equipo feminino do Pontevedra Rugby Club xogará a final da Liga Galega de Rugby o vindeiro sábado 20 de abril en Lalín

Recepción municipal ao equipo femenino do Pontevedra Rugby Club
Recepción municipal ao equipo femenino do Pontevedra Rugby Club / Mónica Patxot

Consolidar o seu equipo feminino era o obxectivo principal esta tempada do Pontevedra Rugby Club (PRC).

Os resultados deportivos pasaban case a un segundo plano, e con todo sen facer ruído o equipo pontevedrés foi progresando ata clasificarse para a final da Liga Galega de Rugby que se disputará o vindeiro sábado 20 de abril (16.40 horas) fronte ao filial do CRAT A Coruña en Lalín.

Fixérono tras finalizar a competición regular na cuarta posición e eliminar nas semifinais o primeiro clasificado, o Santiago RC.

Este mércores, a poucos días da cita polo título autonómico, as xogadoras do PRC recibiron os ánimos da edil de Deportes, Anabel Gulías, nunha recepción oficial ofrecida polo Concello de Pontevedra.

Como premio está a posibilidade ademais de pelexar polo ascenso á División de Honra B, categoría na que o club militou no curco 20/21.