Tardou case 20 anos Pontevedra en volver contar cun Circuíto de Atletismo en Pista, por iso a comunidade atlética acolleu de bo grado a posta en marcha da competición.
Na súa segunda xornada, celebrada este sábado nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, participaron ao redor de 350 atletas chegados desde diferentes puntos de Galicia.
Todos eles, desde a categoría cadete ata a absoluta, buscaron mellorar as súas marcas pensando en próximas datas e obxectivos.
A próxima xornada do Circuíto de Atletismo en Pista de Pontevedra celebrarase o próximo 12 de abril, tamén no CGTD, coa presenza entre outros dos compoñentes da Selección Española Junior.
Consulta aquí os resultados complets da xornada celebrada este sábado 25 de marzo.