O Club Bádminton Ravachol Pontevedra estará presente no próximo Campionato de Europa Júnior, que se celebrará entre o 19 de outubro e o 7 de novembro na localidade finlandesa de Lahti.
Dous dos seus deportistas, xogadores do primeiro equipo como son Ania Setién e Gabriel Fernández, foron convocados pola Selección Española da categoría para participar no este torneo, referendando desta maneira o traballo de formación que veñen realizando no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra ás ordes de Rafael Vázquez.
Tanto Setién como Fernández acudirán á cita, segundo o Ravachol, co obxectivo de pelexar polas medallas ante algunhas das mellores raquetas do continente.
A competición por equipos será a que de inicio ao Europeo, entre o 9 de outubro e o 2 de novembro, nun torneo no que ademais dos xogadores do Ravachol haberá con outros dous galegos no equipo nacional de 12 integrantes, Jacobo Fernández e Lucía Rodríguez.
O mesmo día 2, e ata o 7, tomará a testemuña o torneo individual.
Gabriel Fernández e Ania Setién teñen previsto participar nas modalidade individual e tamén no dobres.