A pontevedresa Andrea Mirón quedou a só un paso de ser nomeada mellor xogadora de fútbol praia do Mundo.
Mirón era unha das tres deportistas nomeadas ao galardón de mellor do ano 2023 nos Beachsoccer Stars, cuxa gala de premios celebrouse este luns en Dubai coincidindo coa disputa alí do Campionato do Mundo que dará comezo o vindeiro xoves 15 de febreiro.
Mirón era finalista ao galardón xunto á tamén española Adriana Manau e á brasileira Adriele Rocha, que finalmente levou o premio.
A pesar de escaparse este recoñecemento, o fútbol praia español acaparou premios en Dubai como o de mellor adestrador para Christian Méndez e o de mellor gardameta para Laura Gallego.