Amplían a catro os descensos na División de Honra Prata na que compite o Cisne

Pontevedra
26 de setembro 2024

A decisión da Real Federación Española de Balonmán de outorgar praza a próxima tempada en Prata ao recentemente descendido Unión Financera Oviedo, tras unha reclamación súa ao Tribunal Administrativo do Deporte, supoñerá que un equipo máis perderá este curso a categoría

Partido de liga entre Cisne e Bm Guadalajara no Príncipe Felipe
Partido de liga entre Cisne e Bm Guadalajara no Príncipe Felipe / Cristina Saiz

A loita pola permanencia encarécese para o Club Cisne Balonmán e para o resto de equipos que militan na División de Honra Prata.

A Real Federación Española de Balonmán, tras a última reunión da súa comisión delegada, vén de anunciar que se amplían a catro as prazas de descenso na segunda categoría nacional no presente curso.

O motivo é a reclamación imposta no seu momento tras descender polo Unión Financeira Base Oviedo, que recorreu ao Tribunal Administrativo do Deporte (TAD) ao entender que non se produciu aliñación indebida no encontro entre Eón Enforno Alicante e Fundación Agustinos Alicante e cuxo cambio no resultado final terminou prexudicando o club asturiano, que descendeu por un só punto.

O TAD deulle a zarón ao Base Oviedo, e agora a Federación Española aceptou a resolución, polo que independentemente do seu resultado final esta tempada en Primeira Nacional recuperará a final de curso a categoría perdida o pasado verán.

A consecuencia é a ampliación a catro das prazas de descenso, xusto unha praza por baixo da que o Cisne ocupa tras a disputa das dúas primeiras xornadas do campionato nas que só sumou un punto e que obrigará a partir de agora a fiar aínda máis fino para evitar os postos de perigo.