Ex-xogadores das diferentes épocas na historia do Pontevedra, acompañados de directivos, ex-directivos ou simples afeccionados do club protagonizaron este venres 15 de febreiro a reunión anual de Amigos do Pontevedra C.F.
O programa festivo incluíu unha misa na Peregrina en recordo de amigos e familiares ausentes seguida dunha amigable comida no Hotel Avenida onde puideron compartir recordos históricos do club granate e intercambios de opinións sobre a situación actual da entidade.