A falta de confirmación oficial, Álvaro Bustos xa non é xogador do Pontevedra. O conxunto granate perde ao seu xogador franquía que, segundo fontes do club, atópase xa viaxando cara a Polonia, onde asinará polo MKS Cracovia, un dos clubs máis antigos do país. Na capital polaca dan por feito que o exgranate será presentado de forma oficial este venres.
O extremo asturiano, contratado este verán polo equipo pontevedrés despois de pasar media tempada a préstamo en Pasarón, volve facer as maletas nunha operación que, segundo fontes coñecedoras da negociación, é beneficiosa para as tres partes. O club, que garda silencio aínda sobre a situacion, esixiu ao cadro polaco o pago da cláusula para permitir a saída do extremo, con todo, as cifras do traspaso non transcenderon.
Autor de cinco tantos, Álvaro Bustos era o máximo goleador do Pontevedra. O extremo disputou todos os partidos de liga como titular sendo substituído en nove ocasiones. A pesar de chegar coa bitola de xogador referencia, moitos afeccionados expresaron certa decepción co rendemento do futbolista, do que esperaban un maior peso no xogo.
Coa baixa do extremo, o Pontevedra queda agora con tres xogadores especialistas de banda. Álex González, Pedro Vázquez e Jose García competirán polas posicións de banda á espera dalgún movemento do club para reforzar unha posición debilitada pola marcha do asturiano e a lesión de longa duración de Javi López.