Álvaro Arbeloa cómpralle a bicicleta a Javi Gómez Noya

Pontevedra
23 de decembro 2016

O coñecido futbolista internacional resultou gañador dunha poxa pola bicicleta que o pentacampión mundial usou durante a tempada do seu último título e que servirá para financiar os gastos das escola do Tríatlon Ferrol

Álvaro Arbeloa, nun partido co Real Madrid
Álvaro Arbeloa, nun partido co Real Madrid / Jan SOLO

O futbolista internacional Álvaro Arbeloa, ex-xogador entre outros equipos de Real Madrid ou Deportivo, é o novo propietario dunha das bicicletas de competición de Javi Gómez Noya. 

Concretamente trátase dunha bicicleta Specialized S-Works Venge coa que o pentacampión mundial de tríatlon gañou o seu último título e que cedeu para a súa poxa ao Tríatlon Ferrol, coa intención de colaborar no financiamento das súas categorías inferiores.

A poxa, celebrada no portal eBay, iniciouse cun prezo de saída de 3.000 euros e finalizou cunha oferta máxima de 5.920 euros.

O propio Álvaro Arbeloa foi quen confirmou a adquisición a través do seu perfil de Twitter, asegurando que a bicicleta "estará a buen recaudo".