Alexis Viéitez e Jorge Pérez impóñense na Subida a Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
08 de setembro 2024

Con esta proba e tras sete subidas, o Campionato Galego de Montaña pecha o pano con Jacobo Senín e Jorge Pérez como campións autonómicos das modalidades non carrozados e carrozados, respectivamente  

Subida a Ponte Caldelas
Subida a Ponte Caldelas / Concello de Ponte Caldelas

Más de 80 vehículos participaron esta fin de semana nunha nova edición da Subida a Ponte Caldelas coa que se pecha o Campionato Galego de Montaña.

Foi unha das citas máis esperadas polos afeccionados ao motor, que durante as dúas xornadas achegáronse á zona para gozar da espectacularidade deste tipo de competicións.

Coa ausencia de Jacobo Senín (xa gañador da modalidade de non carrozados), Alexis Viéitez partiu como gran favorito e non defraudou, volvendo demostrar a súa superioridade nas dúas xornadas para asinar un tempo total de 4.25.267. Seguiulle Martín Villar, a 22,848 segundos, e Dani Rodríguez, a 22,848.

Na categoría de carrozados, Jorge Pérez, xa co título autonómico, impúxose cun tempo de 4.53.811, seguido de Manuel Senra (+11,390 segundos) e Pablo Rey (+12,277).

Con esta proba e tras sete subidas, o Campionato Galego de Montaña pecha o pano con Jacobo Senín e Jorge Pérez como campións autonómicos das modalidades non carrozados e carrozados, respectivamente.