O Club Cisne Balonmán anunciou este martes a saída dun dos homes que foron peza clave nos anos dourados da entidade, Alejandro Conde, colaborando desde a súa faceta defensiva nos dous históricos ascensos á Liga Asobal.
O pivote abandona a entidade pontevedresa "después de siete años maravillosos en los que hemos visto como el club ha crecido exponencialmente y hemos hecho cosas increíbles", afirmou o propio xogador nun vídeo de despedida.
"Toca decir adiós", recoñece Conde, aínda que "estoy seguro de que nos volveremos a ver en el camino".
BAIXA | Día triste para a familia. Un dos nosos, Alejandro Conde, non continuará a vindeira tempada vestindo as nosas cores.
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) June 18, 2024
Tras 7 anos en Pontevedra, Conde quere enviar unha mensaxe de despedida á afección.#OrgullososDosNosospic.twitter.com/8F7qFBzlQX
É, asegurou o Cisne, un "día duro para a familia" porque se vai "un dos nosos".
Trátase dunha saída de peso nun Cisne que traballa na planificación dun novo curso na División de Honra Prata, polo momento confirmando só os xogadores que non continuarán no equipo. É de feito a súa cuarta baixa tras as anunciadas previamenre de Marco Rodrigues, Dani Serrano e Rubén Etayo.