Alejandro Andión e Diego Touriño, dous pontevedreses no Plan Nacional de Tecnificación de Waterpolo

Pontevedra
12 de decembro 2019

A Real Federación Española de Natación convocou aos dous xogadores pontevedreses a unha convocatoria do seu plan nacional de tecnificación deportiva. A noticia, que supón unha gran oportunidade para eles, chega tras o seu traslado a Cataluña para xogar nunha potencia como o CN Sabadell

Alejandro Andión e Diego Touriño, xogadores pontevedreses de waterpolo
Alejandro Andión e Diego Touriño, xogadores pontevedreses de waterpolo / Club Waterpolo Pontevedra

Dous pontevedreses pelexan por chegar todo o máis alto no mundo do waterpolo, e aos poucos van derrubando barreiras.

O traballo de Alejandro Andión e Diego Touriño, xóvenes xogadores que se trasladaron a Cataluña para formarse nunha potencia nacional como o CN Sabadell, chamou a atención dos técnicos da Real Federación Española de Natación.

Ambos os dous, que xa demostraran gran parte do seu potencial no Waterpolo Pontevedra, foron citados á próxima convocatoria do Plan Nacional de Tecnificación Deportiva.

Andión e Touriño participarán do 20 ao 22 de decembro na actividade "Valoración e unificación de criterios de Waterpolo Masculino e Feminino Xuvenil PNTD", que terá lugar no CAR de Sant Cugat del Vallés, en Barcelona.

Participarán nestas xornadas de formación xunto a outros 18 mozos nados nos anos 2002 e 2003 co obxectivo de facerse un oco máis pronto que tarde no equipo nacional xuvenil para futuros campionatos internacionais.